MAIO 2018
Arestora que vin na televisión a Lúa recoller o seu
premio á mellor guionista, acórdome, … lembro millóns de pasados.
Agora que
estou xubilado, e sen case futuro que percorrer, miña mente recorda a aquela nena
pencada, que actualmente é unha das guionistas máis cotizadas do mundo. Ultimamente
semello un dos seus personaxes, que non para de ver o reloxo.
Como me gustan as primeiras veces, incluso as
segundas, agora que estou nas penúltimas!
Eu bailaba xa cuns cincuenta e poucos anos, e Lúa era
alumna de segundo da ESO. Cando lles mandei escribir un conto sobre algunha
lenda ou conto que coñeceran, quedeime prendado do relato daquela rapaza.
Indaguei se aquela historia circulaba por internet, ou se estaba baseado nalgún
feito real, pero non atopei nada. Estaba redactado cun coidado da linguaxe
asombroso, ninguén diría que o relato fluira dunha mente de tan curta idade.
Vou a reescirbir o conto, para así mantelo fresco na miña murcha memoria.
“Foi un ano redondo. No 1910 Lorenzo, con tan só
dazaseis anos comezou a traballar no taller de móbeis con máis prestixio da
zona. Un sábado, quedou ata máis tarde do normal, e axudando ao seu xefe a
levar un armario de carballo ao soto do almacén, esvaroulle das mans deixando
que a sorte da gravidade recaiese enriba do seu xefe, que acabou esmagado polo gardarroupa
no último chanzo da escaleira.
A pudente familia cargou todo o peso da xustiza sobre
Lorenzo, ao que condearon a cadea perpétua na único cárcere da rexión, que se
asentaba nun penedo cuberto sempre dun manto de néboa que coqueteaba con
temperaturas xélidas en inverno e moi cálidas no verán.
Non tardou moito tempo en atopar un pasatempo ao
resto dos seus días, no taller de madeira rexentado por Salvador, un vello preso
que xa cumprira condena, e que só acudía a traballar de sete da maña á unha do
mediodía.
Esas
horas no taller, pasábanlle a Lorenzo como lóstregos. Sempre tiñan encargos por facer, cadeiras,
mesas, e sobretodo cadaleitos, como dicía Salvador, “aquí todolos días hai
alguén que enterrar no cemiterio do Castro”.
O cemiterio
do Castro, ao que tamén chamaban dos Leprosos, estaba a dúas horas en carro do cárcere, e alí
soamente eran enterrados presos, vagabundos e algúns animais que os donos non
querían tirar ao río como acostumaba facer a maioría da xente.
O
viacrucis de Lorenzo, residía nas enormes tardes, pechado na súa cela
compartida con outros dous presos. Mataba as horas ollando acotío o seu reloxo
de bolsillo, e fumando un tabaco de
pésima calidade que lle traía de fóra Salvador. Este vello, quería ao novo
púpilo coma a un fillo, o fillo que nunca tivera.
Os
días, calaban como lousas no corpo cada vez máis esquéletico de Lorenzo. A Salvador, tamén delicado de saúde, caíalle
o alma ao ver que a vida de aquel rapaz comezaba a estar en números vermellos
co futuro, polo que unha mañá, levouno a un recuncho apartado de todas partes,
e díxolle:
-
Teño
un plan de fuxida para ti.
-
Escapar
de aquí?
-
Si.
Escoita, e non digas nada ata que remate de contarche meu plan. O xoves que vén,
ao baixar aquí, métete nun cadaleito cun morto. Levarante ao camposanto dos
leprosos, entón, irei a iso das dúas da tarde e desenterrareite. O que fagas
despois coa túa vida xa é cousa túa.-
Lorenzo
tiña pánico aos espazos pechados, e tras centos de pitillos, ao día seguinte
díxolle ao vello encargado do taller de Madeira da Cárcere do Penedo, que iría
adiante coa idea de fuxir daquel inferno con tardes onde o fin estaba na outra
punta do seu reloxo.
Na
mañan do xoves, Lorenzo meteuse nun ataúde xunto cun corpo cuberto por unha
bolsa de plástico. Cando viñeron os catro funcionarios do cárcere que se
encargaban de enterrar aos presos, sorprendéronse de que o cadaleito pesara un
pouco máis do normal, e iso, que o peso de Lorenzo era máis ben tirando para
baixo.
O ósos
de Lorenzo foron testemuños sufrintes de cada unha das fuchancas no que caía o
carro tirado por dúas vacas camiño ao camposanto. Un par de horas despois, o
resentido corpo do mozo xacía a metro e medio baixo terra. Agora, só tiña que
agardar a un Salvador que o levase novamente a ver o Lorenzo do ceo.
Quería
que pasase rápido o tempo, por iso tentou, sen éxito, durmir. Despois, pola súa
cabeza pasaron millóns de cousas que nunca antes compartira coa súa mente.
Pensaba, onde, e cómo ía a refacer o resto dos días da súa vida.
Sumido
nos seus pensamentos, Lorenzo sentiuse incapaz de controlar a noción do tempo,
os minutos quizáis foran horas. Comezou a compartir espazo coa desesperación
desesperada. Canto tempo tardaría Salvador en quitalo daquela oscuridade?
Cando,
xa non lle quedadan cousas nas que pensar, e arriscando a perder un pouco máis,
de por si xa escaso osíxeno, decidiu
prender un misto para ver a hora.
Unha
vez prendido o fósforo, na esfera do seu reloxo, viu o reflexo da faciana coa
que compartía cadaleito, que quedou ao descuberto ao desprazarse lixeiramente o
saco que a tapaba. A cara que se
reflexaba no reloxo de Lorenzo era,… a de Salvador.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario