O
ASUNTO MÁIS IMPORTANTE DO MUNDO
“El
estaba sentado frente ó lago da canteira, cando chegou o outro.”
- Ola. Levas moito aquí? Non puiden chegar
antes. Non deixo de darlle voltas ao tema, durmo mal. Miña mente esta noite foi
monotemática.
- Monotemática?
- Si. Non era capaz de pensar noutra cousa que
non fora iso. Hai que tomar unha decisión xa.
- O tema é complexo de máis. Hai que atacalo de
maneira científica, estudando os seus pros e contras. Algunhas veces gustaríame
ser un erudipo.
- Erudipo? Será erudito.
- Pois iso, un erudito. Estaría
ben saber todo, qué facer en cada momento. Non dubidar de nada.
- Pero se foras un erudito, acabarías
morrendo de aburrimento. Porque a vida non che ía gardar ninguna cousa nova.
- Xa.
Ti cres que ese auga do lago
flota?
- Que cousas parvas dis! Claro que flota! É auga.
- E se flota, por que toca
no fondo? Porque eu cando floto non teño os pés no chan.
- Boh! Non me líes. A mín o que
me importa é o outro asunto, e non me fales de trapalladas da cona, como abordalo
de forma científica.
- Por iso eres monotemático
e non erudito. Gustaríame ter unha explicación científica de se a auga flota ou
non. Seguro que se lle pregunto a un avogado, atoparía unha resposta
xustificada de que flota e outra igualmente xustificada de que non flota.
Buscan o dereito e revés das cousas según lle conveña.
- Certo. Sempre teñen un ás
na manga para matar un tres. A min poñeríame nervioso declarar diante dun. Están
atentos o que dis para atacarte. Son como os políticos.
- Que carallo dis? Os
políticos son distintos. Non teñen criterio. Fan e desfán según lles conveña. Garbean
de ideais. Uns teñen unhas propostas e outros outras.
- Pero ningún ten razón.
- Aí quería chegar eu. Din
que buscan o mellor para nós. Entón por que non chegan a decisións eruditas?
- Arre…demo coa dichosa
palabra. Hoxe váleche para todo. Pareces miña avoa, que sempre anda na boca coa
a palabra “aquelar”. Vou aquelar as patacas, vou aquelar a cama, vou aquelar
coa máquina de chorrear,..
- Noi hai cousa que máis rabia
me dea que me interrumpas con panochadas. A pregunta que me ocupaba, é, por que
na política non se traballa de igual maneira que no mundo científico?
- Científicos? Sempre desviándote do tema.
- Si científicos. Por exemplo,
cando comezan a investigar unha vacina para tratar unha enfermidade, cada un
sae dun punto, pero chega un momento que xuntan tódalas conclusións e estudos para
chegar á vacina en cuestión. O mundo avanza grazas a eles.
- Xa por iso os científicos
son imprescincibles e os políticos non. Pero o que realmente é importante é o
outro asunto.
- Todo é importante.
- Ao final o de sempre. Acabamos
falando de política e do tempo.
- Do tempo aínda non
falamos, pero isto ameaza chuvia. Mellor é marchar.
“Ao seguinte día foi o outro
que chegou antes que el. Aínda ben non sentou ao seu carón, o outro
preguntoulle:”
- Xa meditache sobre iso?
- Moito non. Estiven reflexionando se a auga flota.
No hay comentarios:
Publicar un comentario